17 agosto, 2021
ONTE COMEZARON NA ESTRADA EP-5005 AO SEU PASO POLO COUTO AS OBRAS DE CALMADO DO TRÁFICO EXECUTADAS E FINANCIADAS AO 100% DENTRO DO PLAN MÓVESE DA DEPUTACIÓN.
O Alcalde Luis Piña, trasladou no mes de abril deste ano á Deputación Provincial a relación de actuacións necesarias na estrada EP-5005 no tramo de Xunqueiras-Couto, para reducir a velocidade e mellorar a mobilidade nesta parroquia. Todas estas necesidades estiveron consensuadas coa Asociacion de Veciños San Bartolomé do Couto.
Segundo comentou o Alcalde Luis Piña, este Plan de Movilidade e Velocidade Segura ten como obxectivo garantir a seguranza viaria en toda a rede de estradas da provincia con especial fincapé na protección dos colectivos máis vulnerables: peóns, ciclistas e persoas con mobilidade reducida.
Onte comezaron as obras de execución consistentes na anulación dos reductores físicos de velocidade nos PK 5+470, 6+000 y 6+300 da Estrada Provincial EP5005. Execución dun paso de peatóns sobreelevado no PK 6+020 da EP5005, con reforzo da sinalización viaria horizontal para a reducción da velocidade local da zona e instalación de paso peonil na parroquia do Couto na altura do acceso á Igrexa na zona de Xunqueiras co punto de inicio do sendeiro do río Ribadil.
Alerta