Certificado Covid para os cidadáns da Cañiza

Compartir

O Concello da Cañiza colabora coa Xerencia do Sergas do Área Sanitaria de Vigo facilitando un local municipal para que aos cidadáns poidan solicitar e obter o certificado Covid impreso e darse de alta nas aplicacións chave 365 e  e-saúde

A partires de hoxe e ata o 31 de agosto un funcionario do Servizo de Atención Primaria da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia, atenderá na oficina da Policía Local da Cañiza, sita na pranta baixa da Casa Consistorial, na rúa Oriente 11, para expedir e imprimir gratuitamente certificados COVID a todos os usuarios da área sanitaria do Punto de Atención Continuada da Cañiza, que ademáis desta localidade inclúe, Arbo e Crecente.

Esta iniciativa xurde despois de que a xerencia do Sergas contactara co Alcalde para solicitar a colaboración municipal facilitando un local céntrico para emitir estos certificados. Esta medida ten como obxectivo desconxestionar o PAC, non interferir no normal desenvolvemento do centro médico e dar asistencia a todos os cidadáns na obtención do certificado COVID obrigatorio en Galicia para o acceso ao interior dalgúns establecementos.

Este servizo gratuito estará disponible ata o 31 de agosto, podendo prorrogarse en caso de necesidade. Ademáis poderase solicitar o alta no sistema chave 365  e  na ferramenta  de comunicación e-saúde. 

A Chave 365 é o sistema que permite aos cidadáns maiores de idade e aos/ás menores emancipados/as identificarse e asinar documentos na sede electrónica da Xunta de Galicia sen necesidade de usar certificados dixitais nin DNI electrónico.

É-Saúde é a ferramenta do Sergas de comunicación co cidadán, accesible desde calquera lugar e dispositivo (ordenador, móbil, tableta…) que lle permite o acceso a servizos e contidos de saúde personalizados.