Imaxe da visita do Delegado do Goberno de España en Galicia e a Subdelegada do Goberno de Pontevedra a A Cañiza con motivo das obras de asfaltado da estrada N120 en todo o tramo urbano.
20 octubre, 2021
O Capítulo de Investimentos de 2021 case duplica a inversión de 2020 con 2.068.115,25€ para melloras das infraestruturas e servizos públicos locais. Ademáis, a porcentaxe que terá que asumir o concello, con cargo aos recursos propios, apenas chega ao 1,75%: un total de 36.047,91€.
Para o Alcalde da Cañiza, o Orzamento de 2021 é un exemplo de rigor e responsabilidade. “é un segundo EXERCIZO que valida a acción asumida polo Goberno Local e que enfoca o camiño durísimo de axuste e de máximo sacrificio que nos obriga a ser moi xustos coas necesidades reais da Cañiza”. “A día de hoxe os costes nos servizos públicos seguen en desaxuste respecto aos ingresos percibidos por poboación”
Luis Piña continúa explicando que “neste Exercizo Contable contrasta o reaxuste do gasto co capítulo de investimentos en melloras nos servizos e equipamentos públicos, xa que é o máis alto da historia do Concello, grazas á capacidade de captación de fondos e subvencións sen apenas aporte de recursos propios para executar as obras”.
Este xoves, 21 de outubro, o Pleno do Concello da Cañiza celebrará a Sesión Extraordinaria de aprobación inicial do Orzamento de 2021. Un orzamento de 5.661.307,87 €uros. Tamén o máis alto da historia do Concello e que supera ao orzamento aprobado no ano 2007, sendo Alcalde César Mera, que ascendeu a 4.806.493,54€, ata este momento o máis alto aprobado por esta administración.
O Capítulo VI de inversións do orzamento que se aprobará mañá aumenta con respecto ao ano pasado 917.668,73€ máis. Un total de 2.068.115,25€. Importe que ademáis está subvencionado nun 98,25% por outras administracións, nas que destaca o Goberno de España e o IDAE, o Instituto de Diversificación e Aforro Enerxético que subvencionou ao Concello da Cañiza con 1.421.379,00 para a reforma do alumeado público da Cañiza, Oroso, Petán, Couto e Parada. Tamén na anualidade de 2020 o IDAE sunvencionou os traballos de reforma integral do alumeado público de Valeixe, Franqueira e Achas, nesta parroquia a piques de comezar nestes meses.
A aportación da Deputación Provincial presidida por Carmela Silva subvenciona ao Concello neste 2021 con 395.114,28€ para a execución das porcentaxes non cubertas polo IDAE das reformas do alumeado público, para unha mellora no Parque Central da Cañiza, a reforma dos Vestiarios do Pavillón Carballo do Marco, a adquisición dun brazo desbrozador e a pavimentación de camiños no lugar de Adegas e Tallós en Valeixe.
Por último a Xunta de Galicia aporta ao Concello 215.574,06 €uros para cubrir a porcentaxe da reforma do Alumeado público do Couto e Parada, para a adquisición dun Videomarcador para o Pavillón da Cañiza e para a pavimentación dos mencionados camiños da Adega e Tallós.
Un capítulo de investimentos no que o Concello solo terá que aportar o 1,74% dos seus recursos propios para a adquisición de contenedores de recollida de lixo, a parte proporcional de adquisición do videomarcador e do brazo desbrozador así como da pavimentación dos viais de Valeixe. Tamén o Concello asume o pago da cuota 14º da compra dunha parcela no lugar da Igrexa-Oroso (a pagar en 25 anos) e de 4 equipos informáticos para as oficinas xerais. Un total de 36.047,91€.
Unha operación económica que según declarou o Alcalde, Luis Piña, se logra a pesares da dura situación económica afrontada pola gobernanza.
A pesares destas circunstancias o Concello aproba uns orzamentos destinados a continuar mellorando e modernizando o equipamento municipal, como é o caso da reforma integral do alumeado público, un dos servizos máis importantes do Concello que reclamaba esta reforma hai tempo non solo polas deficiencias da instalación senón tamén pola eficacia e aforro enerxético que permitirá reducir os gastos en consumo eléctrico e garantir unha mayor seguridade cidadá.
As obras incluidas no capítulo 6 de inversións para este exercizo económico financiadas ao 100% son:
Inversións nas que o Concello terá que participar con recursos propios:
Inversión a conta soamente dos propios recursos do concello:
Neste EXERCIZO económico tamén se dedicou unha importante partida aos servizos sociais, sobre todo á atención dos nosos maiores e ás persoas en situación de exclusión social.
Aplicarase tamén a subida do 0,90% nos salarios de toda a estructura do Concello, traballadores e equipo de Goberno. Subida aprobada nos «Presupuestos Generales del Estado» e de aplicación para todas as Administracións públicas.