9 septiembre, 2021
Importe do contrato: 26.759,15 €, (IVE incluído do 21% que ascende a 4.644,15 €)
As obras serán financiadas ao 50% do importe pola Secretaría Xeral de Coordinación Territorial do Ministerio de Política Territorial (13.379,58 €), e polo Concello de Arbo, con cargo a fondos propios (13.379,58 €)
A intervención que se pretende realizar é a reparación do muro do Campo de fútbol Municipal de Arbo, e as obras serán realizadas por unha empresa local
Por mor do temporal de chuvia e das fortes rachas de vento rexistradas en Arbo, no lateral dereito fronte a grada do campo municipal de Arbo, sufriu graves danos, polo que é necesario realizar unha adecuada reparación de forma urxente, por mor da súa caída e danos que poida causar.
Obxecto do contrato
A intervención que se pretende realizar é a reparación do muro do Campo de Fútbol Municipal de Arbo, coas seguintes actuacións:
Desmontado da parte do muro afectada con retirada de escombros.
Execución de zapata corrida de formigón armado.
Colocación de postes de aceiro galvanizado incluído tensores e rede.
Colocación de muro de bloque.
Colocación de porta.
O importe do contrato ascende á cantidade de 26.759,15 € (IVE incluído do 21% que ascende a 4.644,15 €), e se establece un prazo de execución para as obras proxectadas de tres (3) meses.
A mellora das instalacións deportivas e o apoio aos clubs deportivos é a clara predisposición do Concello de Arbo.
É necesario, tendo en conta que a tempada futbolística comeza no mes de outubro, e que o Arbo C.F conta con categorías inferiores, a inmediata realización destas obras para evitar posibles danos a terceiros, así como aos nenos e nenas participantes na actividade, adestradores e público asistente.
Alerta