O Concello de Arbo, aproba dous plans de despregue de fibra optica

Compartir

Os plans presentados aos concello de Arbo, polas empresas Telefónica e Vento verde, que contan cos informes técnicos favorables, queren poñer ao municipio de Arbo na vanguardia das telecomunicación co obxetivo de facer chegar as últimas tecnoloxías aos arbenses. Para elo vaise despregar unha rede de telecomunicacións de última xeración, de maneira que se fara chegar a fibra óptica, no vindeiro ano ata as vivendas dos usuarios.
Coa instalación da mencionada fibra óptica o que se pretende outorgar aos veciños e veciñas de Arbo, as vantaxes que este servizo ofrece como poden ser con maior seguridade e velocidade na transmisión de datos e navegación a alta velocidade – explica o rexedor de Arbo – Horacio Gil

A presentación do plan de despregamento ofrece así á operador axilidade e eficiencia na instalación de redes e, ao mesmo tempo, representa unha ferramenta fundamental para os Concellos á hora de asegurarse de que os intereses das operadoras non prexudican aos intereses urbanísticos do municipio, e de que as infraestruturas se sitúan nos lugares correctos e instálanse de forma adecuada.

Os plans que se presentados ao Consistorio contemplan en que supostos van efectuar despregamentos de cables e equipos por fachadas ou aéreos, e haberán de respectar as condicións técnicas esixidas para despregamentos.

O alcalde, Horacio Gil, expresa a súa satisfación pola aprobación deste proxecto xa que despois de tanto reclamo por parte desta administración “darase aos veciños e veciñas de Arbo, un servizo moi demandado e estas son melloras imprescindibles nos tempos nos que vivimos xa que practicamente podemos facer todo por internet.
Nas vindeiras semanas o rexedor manterá unha reunión con responsables das empresas para acadar un resultado a curto prazo para a instalación da fibra óptica.