18 noviembre, 2021
A actuación consiste na “rehabilitación do bombeo de captación, impulsión, tratamento e conexión entre os depósito do Couto e Arbo.
O custo total da actuación de referencia contemplada neste convenio ascende a dous millóns trescentos vinte e cinco mil euros, (2.325.000,00 €), e será financiada pola entidade pública Augas de Galicia dependente da Xunta de Galicia.
Con estas actuacións, o organismo hidráulico da Xunta dá resposta á solicitude de colaboración do Concello de Arbo. Ante a problemática do sistema de abastecemento municipal, solicitou colaboración para mellorar a rede, orientada a garantir o abastecemento estival, reducir importantes perdas de caudal e optimizar os depósitos.
O Pleno da Corporación municipal na súa sesión de data 15 de novembro aprobou o convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello de Arbo para a execución da actuación de “rehabilitación do bombeo de captación, impulsión, tratamento e conexión entre os depósito do Couto e Arbo. Concello de Arbo (Pontevedra).” financiado ao 100% por Augas de Galicia.
O Concello de Arbo dispón dun sistema de abastecemento baseado na captación de auga e a impulsión aos depósitos, pero ditas instalacións son moi antigas, polo que sofren importante perdas e o subministro non está garantido, sobre todo na época estival, polo que a petición do Concello solicitase colaboración a Xunta de Galicia e recíbese a proposta de Convenio de Colaboración sobre a base do proxecto técnico da referida actuación “Rehabilitación do bombeo de captación, impulsión, tratamento e conexión entre os depósitos do Couto e Arbo.
Cun orzamento de 2.075.208,94 € (IVE 21% incluído), este proxecto pretende solucionar os problemas no sistema de abastecemento de Arbo, mediante a impermeabilización dos depósitos, instalacións de equipos para o control do caudal e cloro libre, renovación do bombeo principal, nova ETAP e nova conexión entre dos depósitos.
A Xunta de Galicia aposta pola máxima colaboración cos concellos na dotación e mellora do abastecemento de auga potable á poboación, a pesar de ser unha competencia municipal”, apuntou o alcalde do Concello de Arbo, Horacio Gil, e así o demostrou no ano 2020 cando a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, a impermeabilización de varios depósitos de augas municipais que supuxo un investimento autonómico de máis de 46.000 euros, remata o rexedor
As actuacións, que serán realizadas por Augas de Galicia, consisten na contratación da execución, dirección das obras e labores de coordinación de seguridade e saúde na fase de construción, a xestión das mesmas ata completar a súa finalización e formalizar os actos de recepción de conformidade co estipulado na lexislación vixente en materia de contratos, e cos efectos sinalados no convenio, así como será Augas de Galicia os encargados de financiar as actuacións e controlar a calidade e a seguridade e saúde das obras de referencia durante a súa execución.
Asemesmo, o Pleno facultou ao alcalde, Horacio Gil , para a sinatura do Convenio e calquera tramite preciso para o desenvolvemento do mesmo.
Dende o Concello de Arbo, agradecemos a colaboración prestada pola Xunta de Galicia, que unha vez máis escoitará as demandas deste goberno municipal, para favorecer e mellorar os servizos municipais que se ofrecen os arbenses.
Nas vindeiras semanas procederase a sinatura do convenio entre o Concello de Arbo e Augas de Galicia, e comezaranse cos tramites necesarios para a realización das obras.
Alerta