8 diciembre, 2021
As obras contan cunha Subvención da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo, dacordo a orde do 30 de decembro de 2020 pola que se regulan os criterios de reparación e se establecen as bases reguladoras e a convocatoria de subvención da liña en concorrencia non competitiiva e da liña en concorrencia competitiva do Fodo de Compensancional Ambiental para o ano 2021, publicada no DOG núm 15 do 25 de xaneiro de 2021
A inversión deste proxecto ascenden a 31.610,12 €.- (IVE 21% incluído).
O Concello de Arbo, aínda que conta cunha importante rede de saneamentos, aínda ten pendente de execución algúns ramais da rede de saneamento que se incorporarán a rede xeral, en concreto, neste intre, trátase dun ramal que permita conectar o barrio de Rial -Cotiño coa rede xeral.
As obras que arrancaron os pasados días, foron supervisadas polo rexedor do Concello de Arbo, Horacio Gil.
Con tal motivo e o Consistorio pretende dotar de Saneamento a algun barrios de Cequeliños que actualmente non contan con este servizo, que contan cunha financiación da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo da Xunta de Galicia, por un importe de 31.610,12 €.- para dar resposta as demandas dos veciños e veciñas do Barrio de Cotiño na parroquia de Cequeliños en Arbo.
No ano 2017, o Concello de Arbo, realizaba obras de acondicionamento de mina e a ampliación do Vial do Rial, que comunica o lugar de Cotiño co de Rial, dous barrios da Parroquia de Cequeliños, donde se comtempla tamén o arranxo da fonte e o lavadoiro sito no mesmo lugar, moi utilizado polos veciños da zona.
Como xa se indicou, o saneamento en Arbo ainda require incrementar a rede de colectories, pois hai barrios e lugares que non dispoñen de rede. No caso da parroquia de Cequeliños, considerase conveniente, facer a conexión da zona de Rial-Cotiño ata a rede xeral, para ampliar a rede a mais núcleos ata chegar o saneamento integral do Concello- informa o rexedor de Arbo, Horacio Gil
Alerta