23 agosto, 2021
Os operarios pertencentes á concellería de Vías e Obras de Baiona están a realizar traballos nos colexios de primaria do Concello.
Son labores de mantemento, de mellora da seguridade e de renovación de instalacións, entre outras, a reparación dun muro, cambio do cerre do recinto, creación de hortas para os alumnos, etc. As actuacións estanse a levar a cabo nos centros educativos de Belesar, Fontes e Sabarís.
O concelleiro de Vías e Obras, Óscar Martínez, indica que o Concello está comprometido coa educación e formación dos nenos: “Aínda que as competencias municipais neste ámbito sexan só de mantemento, este equipo de goberno quere ir máis alá: as intervencións teñen por obxectivo mellorar o benestar dos máis pequenos e axudar aos equipos docentes a realizar a súa labor”.
Alerta