8 noviembre, 2021
O concello de Barro está realizando todos os trámites urbanísticos
necesarios para poder cederlle á Consellería de Sanidade na maior
brevidade posible a parcela na que se construirá o novo centro de saúde de
Barro, unha vez que os servizos técnicos da consellería visitaron a parcela e
lle trasladaron ao alcalde que os terreos eran idóneos para albergar unha
construción desas características.
O alcade de Barro, Xosé Manuel Fdez. Abraldes, móstrase “moi
satisfeito por que se confirme a vontade da Consellería de construír a curto
prazo o novo centro de saúde e de que se confirme que as xestións
realizadas polo concello durantes estes últimos anos deron un moi bo
resultado e sserviron para acurtar os prazos”.
O actual centro de saúde de Barro está obsoleto, non reúne as
condicións de accesibilidade necesarias nin permite prestar un servizo de
calidade. Coa nova construción, que se edificará ao lado do actual, o centro
de saúde pasará de ter pouco máis de 300 m2 a ter unha superficie total de
800 m2.
Este novo edicifio contará con 8 salas que se repartirán entre catro
consultas médicas e pediátricas, dúas salas para enfermería e obstetricia,
unha sala de toma de mostras e outra sala polivalente.
Alerta