9 noviembre, 2021
O concello de Barro concede as axudas destinadas ao sectores económicos afectados pola pandemia da COVID-19, e para as que destinou un total de 37.700 euros.
Desta cantidade, 25.000 euros proveñen de fondos propios e 10.700 da liña 2 do Plan Concellos 2021, da Deputación de Pontevedra.
O obxecto destas axudas do concello de Barro a comercios e pequenas empresas foi o de paliar os efectos negativos que o peche forzoso da actividade tivo sobre eles, axudando a sufragar gastos como dos alugueiros, da luz ou de distintos impostos ou taxas.
Recíbironse nas dependencias municipais un total de 23 solicitudes das que se concederon case a totalidade. 21 delas cumprían todos os requisitos exixidos nas bases da convocatoria e a resposta foi afirmativa.
As dúa solicitudes restantes foron denegadas, xa que unha delas pertencía a un establecemento que xa pechara e a outra por tratarse dunha empresa de máis de dez persoas asalariadas.
Alerta