O CONCELLO DE BUEU COMEZA AS OBRAS DE PAVIMENTACIÓN DO APARCADOIRO DA RÚA SANTÁN
O Alcalde de Bueu visita as obras do novo aparcadoiro Rúa Satán
diariodevigo
22 noviembre, 2023
As obras consistirán no asfaltado deste espazo con capacidade para corenta vehículos en pleno casco urbano
A actuación, que foi adxudicada á empresa COVSA por preto de 40.000 €, conta con financiamento do Plan Concellos 2022 da Deputación de
Pontevedra
O Concello de Bueu comezou as obras de pavimentación do aparcadoiro da rúa Santán, unha actuación moi demandada entre a cidadanía e que o alcalde, Félix Juncal, visitou este mércores xunto ao director de obra. A actuación, financiada con cargo ao Plan Concellos 2022 da Deputación Provincial de Pontevedra, foi adxudicada a Construcións, Obras e Viais SA (COVSA) cun orzamento de 38.370,47 €, IVE engadido.
Estas obras suporán a pavimentación e pintado dun espazo con capacidade para uns corenta vehículos en pleno casco urbano, ademais da construción dunha rampla de entrada e dous accesos peonís. Segundo salienta o rexedor da vila, “esta pavimentación, cuxo comezo se demorou debido ao mal tempo das últimas semanas, permitirá adecentar e ordenar un espazo moi utilizado pola veciñanza e que nos ocasionaba
moitos problemas porque se producían fochancas na tempada de chuvia e se levantaba po no verán”.
Este proxecto forma parte do plan de mellora e habilitación de aparcadoiros municipais, no que o goberno traballa anualmente. Así, por exemplo, recentemente, este verán pavimentouse e pintouse o aparcadoiro situado na Rúa Nova, na parroquia de Beluso.
Compartir
Te puede interesar...
OROVEGA, cantautora hispano-marroquí en COSTA FEIRA SANXENXO