9 marzo, 2025
O Concello de Bueu organizou este domingo, 9 de marzo, o desfile do Enterro do Paxaro de Mal Agoiro, co que se pon remate ao Entroido na vila. Cunha tarde de sol, a
comitiva saíu ás 17.00 h da rúa Montero Ríos, pasando polas rúas Francisco Escáneo, Pazos Fontenla, Castelao e culminando na praia da Banda do Río coa queima do paxaro, elaborado para esta ocasión, como en anos anteriores, polo artista local Tino Resille.
No desfile participaron unha vintena de colectivos e persoas, e o xurado estivo conformado por Belarmino Barreiro, en representación do Concello de Bueu, Xosé
Leal, concelleiro do BNG, Isabel Quintás, concelleira do PSOE e tenente de alcalde, Elena Estévez, concelleira do PP, Daniel Chapela, edil non adscrito, María Dolores
Docampo, da Asociación Veciñal da Banda do Río, e Eva Juncal, da Asociación Cultural Costumes de Cela.
Os premios foron os seguintes:
Individuais
1º premio, 80 €: O home das neves
2º premio, 50 €: deserto
Parellas
1º premio, 80 €: Sonny Angels
2º premio, 50 €: María Rosa González Alonso
Agrupacións de entre 3 e 15 compoñentes
1º premio, 100 €: El corralito
2º premio, 80 €: deserto
Agrupacións de máis de 15 compoñentes
1º premio, 250 €: Toxiñas
Alerta