23 agosto, 2021
A pavimentación de camiños no rural avanza a bo ritmo, coa finalización de Cividanes e Agrovello
En total, realizarase unha inversión de cerca de 180.000 euros en rehabilitar un total de 11 viais
O mantemento das infraestruturas viarias no rural, para que estean en perfectas condicións, é un dos eixos nos que traballa o Goberno local, deseñando actuacións de mellora naqueles puntos nos que é máis preciso actuar e renovar espazos.
O concelleiro de Medio Rural, Pablo Novas, informou esta mañá de que o plan de rehabilitación de camiños rurais que se estableceu para este 2021 avanza a bo ritmo, coa execución rematada en Cividanes e Agrovello.
O resto dos camiños nos que se actuará “están en proceso de limpeza previa” para que, a partir do 1 de setembro, sexa posible iniciar a pavimentación.
A lista completa de camiños que se beneficiarán deste plan son:
● Arealonga
● Carballal
● Camiño de San Blas – Aguete
● Currás
● Fixón
● Silvestre-Troncosa
● Miñán
● Os Tombos
● Os Picotes
En total, neste plan realízase unha inversión de cerca de 180.000 euros, con cargo ao Plan Concellos 2021 da Deputación.
Alerta