
20 octubre, 2025
As inscricións poderán realizarse do 20 ao 28 de outubro, a través do Rexistro Xeral do Concello ou da sede electrónica municipal, tendo preferencia os menores empadroados ou escolarizados en Mos. O campamento require un mínimo de 15 participantes para a súa realización, e o prazo de pago remata o 29 de outubro.
Durante o campamento, os nenos e nenas participarán en obradoiros e actividades temáticas de Samaín, nun ambiente seguro e educativo.
“Halloween Make-Up”
Ademais, pensando na mocidade, o Concello de Mos propón o Obradoiro de balde “Halloween Make-Up”, unha actividade dirixida á rapazada maior de 13 anos que se celebrará o 31 de outubro, de 17:00 a 19:00 horas, no Espazo Xuvenil Casa Reitoral de Petelos. As inscricións están abertas ata o 28 de outubro.
Trátase dunha proposta práctica e creativa onde as persoas participantes aprenderán técnicas de maquillaxe artística e de caracterización de terror, coincidindo coa celebración do Samaín, da man de Ondas & Perfill.
Con estas dúas iniciativas, o Concello de Mos ofrece unha programación diversa e adaptada a distintas idades, fomentando a participación cidadá, o lecer educativo e a conciliación familiar durante o tempo non lectivo.
Alerta