23 agosto, 2021
O mosense Anxo Martínez Rojo presentará no seu municipio natal, o Concello de Mos, a súa curtametraxe ‘Aqueles días de agosto
A reproducción da cinta de Martínez Rojo, que dura 9 minutos, farase antes do visionado da película ‘María Solinha’ e, o coloquio con el, realizarase unha vez rematada a longametraxe. Despois de ‘Aqueles días de agosto’ proxectarase ‘María Solinha’, que tamén contará coa presenza do seu director, Ignacio Vilar, que presentará a cinta e charlará sobre a mesma co público presente. Será o vindeiro venres, 27 de agosto, a partir das 22.00 horas, durante a sesión de Cine na Rúa programada nos exteriores do Centro Dotacional de Torroso.
O acceso ao recinto exterior no que se realizarán as proxeccións abrirase ás 21.00 horas, e o aforo será limitado por protocolo preventivo anti COVID-19, con entrada gratuíta ata completar a cabida.
Alerta