22 diciembre, 2023
A celebración, que conta co apoio da Xunta de Galicia e o Xacobeo, traerá ao Pazo de Mos ao humorista e youtuber Jorge Cremades
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, a concelleira de Cultura e Turismo, Sara Cebreiro, xunto cos demais membros do goberno local, presentaron esta
tarde no Pazo de Mos a Festa Pre Fin de Ano que se celebrará o vindeiro 30 de decembro nesa mesma ubicación.
Rexedora local e edil de Cultura informaron de que a celebración, que terá entrada totalmente gratuíta para o público asistente, contará co popular
humorista e youtuber, Jorge Cremades.
Entre os participantes na festa repartiranse miles de uvas coas que acompañar as badaladas de medianoite.
Esta gran celebración de despedida do ano en Mos, que conta co apoio da Xunta de Galicia e o Xacobeo, dará comezo ás 23:00 horas e incluirá as
actuacións da Orquestra Kubo e os DJs Enter e Matrek.
Alerta