18 abril, 2024
Este día serán entregados os premios do II Certame de Relato Curto para escolares de Nigrán, convocado en febreiro pasado
Será presentada por Marina Sánchez Soto e actuarán artistas como Xérmola, cantos e contos; Almadanza, Dúo Carrera; Xosé Poldras ou a Banda Xuvenil da Escola da Agrupación de Vincios
O Concello de Nigrán e a Fundación Carlos Casares colaboraron un ano máis para homenaxear, potenciar e dar a coñecer a figura e a obra de Carlos Casares entre a mocidade de Nigrán a través dun concurso literario. Así foi como en febreiro convocaron o II Certame de Relato Curto para escolares de Nigrán baixo o lema ‘As laranxas que medraban en Nigrán’, en referencia á famosa obra do escritor e veciño de Nigrán, As laranxas máis laranxas de todas as laranxas; e mais a II Gala Carlos Casares: no camiño das artes, durante a cal serán entregados os premios aos gañadores e gañadoras.
A Gala terá lugar o sábado 27 de abril no Auditorio Municipal dende as 18:00 horas, e será presentada por Marina Sánchez-Canal Cultura. Nela haberá música, danza, contos e moitas cousas máis, a cargo de artistas como Xérmola, cantos e contos; Almadanza, Dúo Carrera; Xosé Poldras ou a Banda Xuvenil da Escola da Agrupación Vincios.
Alerta