13 septiembre, 2024
Trátase dunha comedia para público adulto de 50 minutos de duración
O Concello de Nigrán continúa este domingo 15 de setembro ás 19:00 horas no Auditorio Municipal o ‘Outono de Teatro’ coa obra ‘Vampiros’ do grupo de Valadares (Vigo) ‘Escoitade’. Trátase dunha comedia orixinal escrita polo seu director Doro Piñeiro para público adulto e de 50 minutos de duración. “Os vampiros non existen, mais habelos hainos, e, como exemplo… os especuladores inmobiliarios…”.
Como todas as obras programadas os domingos do mes de setembro ás 19:00 horas no Auditorio Municipal de Nigrán, son gratuitas, con entrada de balde ata completar aforo, e xurden da colaboración entre Teatro do Ar (responsable da escola municipal de teatro de Nigrán) e Federación Galega de Teatro Amador de Galicia (FEGATEA). As seguintes serán ‘Encaixadas’, de Teatrino (domingo 22) e ‘Os vellos non deben namorarse’ (domingo 29). A continuación, todos sábados do mes de outubro e o primeiro fin de semana de novembro ás 20:00 horas serán as representacións do Fegateatro (o Concello achega 3.750 € a FEGATEA pola contratación de 7 compañías neste ano 2024).
Alerta