2 octubre, 2024
Ata o 2 de novembro ofreceranse obras todos os sábados ás 20:00 horas no Auditorio Municipal
‘Entrañas negras’, da compañía estradense Disfunción Contínua, é un drama orientado a público adulto e protagonizado por catro mulleres
O Concello de Nigrán continúa este mes de outubro o ‘Outono de Teatro’ con obras todos os sábados no Auditorio Municipal ás 20:00 horas. Este ciclo, froito do convenio asinado polo Concello coa Federación Galega de Teatro Amador de Galicia (FEGATEA), arranca este sábado 5 de outubro coa obra ‘Entrañas negras’ da compañía Disfunción Contínua, de A Estrada. Trátase dun drama orientado a público adulto, dirixido por Paco Luna e protagonizado por catro mulleres. Tres irmás, Isaura, Hortensia e Aurora, velan ó defunto marido da primeira no pazo familiar, no que semella que os reloxos quedaron parados noutro tempo. Filomena, a fiel criada, parece o seu único contacto co exterior. Nunha treboenta noite de agosto, o sobrenatural e o real mestúranse e confunden ao espectador, que descubrirá segredos do pasado que antes ou despois debían aflorar…
Anteriormente, durante todo o mes de setembro, representaronse pezas todos os domingos froito da colaboración entre Teatro do Ar (compañía local responsable da escola municipal) e FEGATEA. Neste outro ciclo de FEGATEA e Concello representaranse un total de 5 obras desde o 5 de outubro ao 2 de novembro, sendo todas os sábados ás 20:00 horas e con entrada de balde ata completar aforo.
Alerta