15 diciembre, 2023
Terá lugar na Alameda da Ramallosa a partir das 10:30 coas formacións Santiago de Parada, Galiñeiro de Vincios, Mosteiro de Pexegueiro e A Merced de Chaín
O Concello de Nigrán e o Centro Cultural Parada do Miñor ofrecen este domingo 17 de decembro desde as 10:30 horas na Alameda de A Ramallosa o IV Certame de Rondallas.
Nesta participan a anfitriona, Santiago de Parada (Nigrán), a AVV Galiñeiro de Vincios (Gondomar) , Rondalla Mosteiro de Pexegueiro (Tui) e A Merced de Chaín (Gondomar).
Igualmente, como é tradición, o sábado 16, desde as 9:30 horas, a rondalla de Santiago de Parada percorrerá as rúas da parroquia e o día 24 o fará polas rúas de Nigrán.
As rondallas son formacións musicais con gran tradición en todas as Rías Baixas e particularmente na comarca do Miñor, contando o Concello de Nigrán coa de Santiago de Parada, recoñecida precisamente co ‘Premio ao Mérito cultural Nigrán 2023’.
Alerta