30 octubre, 2024
Foi premio Óscar 2005 á mellor película de animación, sendo para todos os públicos. Tamén se realizarán visitas teatralizadas ao cemiterio do Ceán, coas prazas xa esgotadas
O samaín continuará o xoves 31 e o venres 1 no Auditorio Municipal con sendas festas dirixidas á infancia
O Concello de Nigrán ofrece este mércores 30 de outubro dentro da programación especial de Samaín a película xaponesa de Hayao Miyazaki ‘El Castillo Ambulante (Auditorio Municipal, 19:00 horas). Dirixida a un público familiar, esta foi premio Óscar ao mellor filme de animación no ano 2005 e está considerada unha auténtica obra mestra. Igualmente, o Concello repite con Teatro do Ar as visitas teatralizadas ao Cemiterio Municipal do Ceán en tres quendas diferentes e con todas as prazas xa esgotadas.
O samaín continuará o xoves 31 e o venres 1 no Auditorio Municipal con sendas festas dirixidas á infancia. Así, o Concello ofrece o 31 a través da cooperativa ‘MilRamas’ un obradoiro de luces e sombras con cinco recunchos diferentes de xogo libre e desestructurado empregando materiais luminosos e luminiscentes, teas, disfraces e aparellos de creación propia nas que as bruxas, os pantasmas e os zombies forman parte da festa. Está dirixido a crianzas a partir de 3 anos, debendo acudir acompañados na franxa de idade de 3 a 5 anos. Este obradoiro, para o que quedan xa poucas prazas, comezará ás 17:00 e dividirase en tres pases de 50 minutos, sendo preciso inscribirse previamente a través de whatsapp no 617922820 indicando nome completo, idade e quenda á que asistirá (primeira, segunda ou terceira).
Finalmente, o Rei Midas pechará o Samaín nigranés o venres 1 de novembro ás 17:30 horas co espectáculo ‘Museo Máxico e festa neón party’ no Auditorio Municipal con entrada libre ata completar aforo. Na festa realizará un espectáculo de maxia e as crianzas poderán xogar con material lumínico.
Alerta