28 agosto, 2024
‘Cada día un artista’ desenvolverase de 10:00 a 12:00 horas en Praia América a cargo de Laine Villero e estará adicado cada xornada á interpretación dun pintor
O Concello de Nigrán ofrece do 2 ao 6 de setembro un novo obradoiro gratuíto de pintura ao aire libre dirixido a crianzas de 6 a 14 anos. ‘Cada día un artista’ desenvolverase de 10:00 a 12:00 en Praia América (ao carón da fonte seca) a cargo de Laine Villero e estará adicado cada xornada a un pintor ilustre, como por exemplo Salvador Dalí, Pablo Picasso ou Frida Khalo. Para participar é preciso inscribirse previamente no teléfono 649182287, distribuíndose as prazas por rigorosa orde de solicitude e tendo prioridade aquelas crianzas que non asistiran ao obradoiro celebrado en agosto.
Cada xornada os participantes intepretarán un cadro baixo as indicacións de Laine, quen ao mesmo tempo lles ofrecerá información sobre o artista en cuestión. Como “deberes”, as crianzas terán o reto de averiguar na súa casa algunha pregunta que lles indique Laine ou vir ataviados con algo característico do pintor/a. O derradeiro día, os participantes exporán todas as súas creacións.
Alerta