3 octubre, 2024
A viguesa formou parte do reparto interpretando á nai de ‘Moncho’. A actividade forma parte da programación do ‘Mes da Memoria’ do Concello de Nigrán, adicado á represión no ensino.
A programación continúa o venres 11 de outubro ás 20:00 horas co investigador Carlos Méixome, quen ofrecerá unha charla centrada na figura do mestre de Nigrán Sebastián Pena
O Concello de Nigrán continúa este domingo 6 de outubro coa súa programación adicada á recuperación da memoria histórica proxectando ás 19:00 horas no Auditorio Municipal ‘La lengua de las mariposas’, de José Luis Cuerda. A actriz viguesa Uxía Blanco, quen interpretou á nai de ‘Moncho’, o rapaz protagonista, será quen presente esta longametraxe de José Luis Cuerda acompañada do profesor de Historia do Cine Alfonso Castaño.
Este ano o Concello centrou a programación na represión no ensino, polo que tendo en conta a temática, a través do Cineclub Val Miñor Alice Guy, proxectouse anteriormente ‘El maestro que prometió el mar’ e o xoves 24 de outubro ofrecerase ‘Los días del pasado’, de Mario Camus.
A programación continúa o venres 11 de outubro ás 20:00 horas co investigador Carlos Méixome, autor entre outros do estudo ‘A represión do maxisterio no Val de Miñor’, quen ofrecerá unha charla centrada na figura do mestre de Nigrán Sebastián Pena. A maiores, o martes 15 de outubro realizarase o tradicional homenaxe da ‘Volta dos 9’ no xardín da memoria ao carón do Pavillón de Panxón
La lengua de las mariposas
Situada en 1936, Don Gregorio ensinará a Moncho con dedicación e paciencia toda a súa sabedoría en canto aos coñecementos, a literatura, a natureza, e ata as mulleres. Pero o transfondo da ameaza política subsistirá sempre, especialmente cando Don Gregorio é atacado por ser considerado un inimigo do réxime fascista. Así se irá abrindo entre estes dous amigos unha brecha, traída pola forza do contexto que os rodea.
Alerta