O Concello de Ponteareas convoca axudas para deportistas de alto nivel

Compartir

A subvención está destinada a cubrir os gastos de desprazamentos, aloxamento, manutención, material deportivo ou expedicións de licenzas federativas Ponteareas é vila de grandes deportistas e o Concello quere reforzar esta tradición coa convocatoria de axudas para facilitar a súa dedicación a competición de alto nivel.

A Concellaría de Deportes, que dirixe Miguel Bouzó, lanzará nos próximos días a convocatoria de subvencións para o apoio a
deportistas federados de Ponteareas. “Queremos axudalos e premiar o seu esforzo diario para alcanzar as súas metas. Son dos nosos e nosas mellores embaixadoras”, conclúe.

Poderán solicitar estas bolsas as e os deportistas ponteareáns que durante o ano 2021 competirán en campionatos oficiais a nivel español ou superior, ou en convocatorias da selección galega ou española. A subvención está destinada a cubrir os gastos de desprazamentos, aloxamento, manutención, material deportivo ou expedicións de licenzas federativas. Ademais o concelleiro lembra que estas axudas “son compatíbeis con outras axudas públicas concedidas para a mesma finalidade”.

As bases da convocatoria estarán dispoñíbeis na páxina web do Concello na pestana axudas e subvencións. O prazo de presentación é de dez días naturais a partir do día seguinte á data de publicación no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO).