7 octubre, 2021
A exposición permanecerá visitable no Pazo da Cultura de Pontevedra ata o próximo 11 de novembro e están previstas diferentes actividades en torno á mesma.
Conta con máis de 250 obras, entre elas algunhas de historietistas galegos como Brais Rodríguez, Óscar Raña, Cynthia Alfonso, Jacobo Fernández Serrano, Fernando Llor, ou Miguelanxo Prado. Ademais, por primeira vez, poderá verse o cómic completo de María Herreros dedicado a Georgia O’Keeffe, editado polo Museo Nacional Thyssen Bornemisza.
O Alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Férnandez Lores, e a concelleira Carme Fouces inauguraron esta mañá a exposición da Fundación Telefónica A arte no cómic nun acto ao que asistiron o Director de Coñecemento e Cultura Dixital e do Espazo Fundación Teléfonica, Pablo Gonzalo, o historiador e comisario da mostra Asier Mensuro e a artista María Herreros que expón por primeira vez os orixinais do seu cómic Georgia O´Keeffe, creado durante o confinamento.
Carme Fouces que presentou o acto, quixo agradecer antes de dar paso a Pablo Gonzalo, a posibilidade de gozar desta exposición na que máis de 70 debuxantes e artistas da novena arte reinterpretan as grandes obras da historia da pintura universal así coma o traballo de todas as artistas e persoas e empresas implicadas no deseño, organización, montaxe e comisariado da mesma.
Un agradecemento que reiterou o director de Coñecemento e Cultura Dixital de Telefónica por que o traballo conxunto permitiu “presentar unha exposición distinta e renovada, moito máis grande que a orixinal, con moita obra nova como a de María Herreros que se expón por primeira vez, a que os galegos Cynthia Alfonso e Brais Rodríguez realizaron en exclusiva para esta mostra aportando o seu punto de vista. En Telefónica intentamos sempre ir un paso por diante, facendo cousas diferentes e frescas, reinterpretando temas como neste caso, compartir a arte a través dunha mirada orixinal, neste caso mérito de Asier e a súa proposta.”
Continuo as intervencións o comisario, Asier Mensuro, vasco afincado en Vigo quen puxo en valor o talento co que conta a cidade grazas a Facultade de Belas Artes da que saíu o artistas Brais Rodríguez ou o Garaxe Hermético do que procede Cynthia Alfonso que creou obra nova en concreto para esta exposición e que “nun momento ou outro ambos artistas que hoxe non puideron acompañarnos, acudirán a mostra e organizaremos algo en torno a esa visita. Pontevedra está implicada na mostra porque artistas da cidade tiñan a talla para formar parte da mesma e debería sacar peito co cómic porque na ciade hai hai moito polo que apostar. 2/3 da mosta son obra nova, e das mellores sedes polas que pasamos porque dende o Concello entenderon perfectamente o proxecto e quixeron apostar”
Mensuro agradeceu o traballo de todo o equipo pero especialmente o dos artistas “sen os que hoxe sería imposible estar aquí e, especialmente a María Herros porque é un luxo contar cos orixinais do seu cómic de Georgia O´Keeffe producido polo Thyssen e poder amosalo enteiro”
Pola súa banda Herreros afirmou estar encanta de “poder exponer aquí estes debuxos feiros nun momento tan extraño. O traballo de debuxante é moi solitario. O cómic foi encargado en marzo 2020 e comencei en abril, polo que foi un traballo solitario e confinado que fai valorar aínda máis tenelo hoxe aquí. O cómic é unha arte por si mesmo pero tamén unha ponte coa arte contemporánea que chega a menos xente, é un xeito de chegar á xente de a pé”
Pechou a rolda de intervencións Miguel Anxo Fernández Lóres que logo de agradecer o traballo a todos/as apuntou á loubanza que o comisario Asier Mensuro fixo da cidade: “non podo coincidir máis coas palabras de Asier sobre o potencial e o talento co que conta esta cidade e coas súas referencias a Pontevedra e o cómic pero sempre está ben que estas cousas as diga xente que non é de aquí para non parecer engreídos. Orgullo de cidade e a cidadanía que a conforma. Este é un proxecto colectivo de cidade de vangarda”.
O Alcalde apuntou que a colaboración con Fundación Telefónica comezou hai varios meses organizando unhas xornadas formativas e dese encontro xurdiu a proposta de compartir os seus fondos de arte. “Esta é a primeira pero agardamos que non sexa a última. Como ben dixo Asier Pontevedra está implicada na propia exposición, temos Belas Artes, a BD deseñada da man de Kiko Dasilva e de sempre lle demos unha impotancia e papel importante á ilustración dentro do Salón do Libro- que xa vai camino da 23 edición – con concurso de cartaces ou a homenaxe que cada ano se fai a autores e ilustradores. A presencia galega e de Pontevedra na mostra son unha demostración da potencia da ilustración en Galicia. Animo aos xornalistas e axentes culturais aquí presentes a difundir esta mostra para que canta máis xente posible se achegue á visitala porque coido que paga moito a pena”
A continuación tivo lugar unha visita guidada da man do comisario Asier Mensuro e onde a propia artista, María Herreros, explicou detalladamente o proxecto de Georgia O´Keeffe a través dos orixinais que entre outros aspectos “representan unha muller infrarrepresentada no mundo cómic. Unha artista pioneira en atender á importancia da relación da imaxe do artista coa súa obra nos anos 30 e 40 e recuperar e mercar a súas obras mestras e donalas aos espazos onde quixo deixar o seu legado”
A mostra permanecerá visitable ata o 11 de novemebro no horario habitual da Sala de martes a venres de 18 a 21h. Sábados de 12 a 14 e de 18 a 21h. Domingos de 12 a 14 horas. Está previsto realizar diferentes actividades e visitas guiadas en torno á exposición que serán difundicas próximamente.
Alerta