23 octubre, 2021
O remate da situación de emerxencia sanitaria fai que se poida retomar a actividade con certa normalidade pero sempre respectando as medidas sanitarias impostas polas autoridades en función da evolución.
Por este motivo, o Concello de Ribadumia comunica que a partir do LUNS 25 de Outubro abre o prazo de inscrición para solicitar praza, para participar nas actividades municipais. Para inscribirse, será necesario achegarse ás oficinas municipais; para cubrir a solicitude corresponde e aportar copia do DNI e copia da conta bancaria ou de algún recibo onde conste o IBAN.
Contaremos con actividades moi variadas, tanto no contido como no público ao que van dirixidas posto que haberá para adultos, nenos e terceira idade.
Entre a oferta dispoñible, podemos destacar actividades coma tenis, baile moderno, manualidades, cociña creativa ou informática, todas elas para nenos, ximnasia de mantemento, taller de memoria, bailoterapia ou musicoterapia, encamiñadas á terceira idade ou pilates, body jump, gap, ioga, zumba, punto de cruz, inglés ou informática entre outras, para adultos.
Poderán consultar estas e todas as demáis chamando ás oficinas municipais aos teléfono, 986718491 / 986716499 ou achegándose ó Concello.
Alerta