8 septiembre, 2021
Na sesión plenaria ordinaria do día 2 de setembro, aprobouse a modificación da actual Ordenanza municipal de vaos, para a entrada e saída de automóbiles e reserva de estacionamento
O principal motivo que levou a esta proposta de modificación é eliminar certas trabas burocráticas e administrativas na obtención de licencias de vaos, que solicitaron os veciños trala tramitación de varios expedientes.
O problema fundamental nestes casos producíase cando o vehículo que accedía ó garaxe non podía virar dentro da finca e, polo tanto, debía saír marcha atrás cara á estrada.
Neste suposto, a necesidade dun informe dos servizos técnicos municipais sobre a seguridade do tráfico na vía pública vinculado ó PXOM, impedía a concesión das licenzas por ser vivendas e construcións anteriores á súa aprobación que, aínda sendo totalmente legais, non cumprían coas esixencias establecidas no seu artigo 123.
En segundo lugar, a modificación céntrase no relativo á sinalización dos vaos. Na anterior ordenanza, eran os propios solicitantes o que tiñan que realizar a sinalización dos vaos, tanto a vertical, (placa facilitada polo Concello), coma a horizontal, (pintado en amarelo segundo correspondense). Coa modificación, o Concello resérvase a potestade para a sinalización horizontal do vao polo que o solicitante, só se terá que encargar da sinalización vertical.
Finalmente, co obxectivo de axilizar e facilitar a tramitación destas licencias, no caso das comunidades de propietarios, os trámites simplifícanse e só precisará presentar acta da comunidade, aprobando a petición do vao, referencia catastral do inmoble, e fotografía do portal onde se solicita; así mesmo, xa non se terá que solicitar e presentar documentación propia do Concello.
Esta modificación da ordenanza supón un esforzo máis do equipo de goberno por facilitar e axilizar os procedementos de obtención de licenzas, co obxectivo de aforrárlles aos veciños complicacións innecesarias.
Alerta