
31 octubre, 2025
As obras desenvólvense en paralelo ás actuacións da Deputación de Pontevedra na estrada EP- 9302
A intervención céntrase na canalización soterrada de traídas veciñais e telecomunicacións con
financiamento municipal
O Concello de Ribadumia continúa coa súa aposta pola mellora e modernización das infraestruturas municipais e está a levar a cabo
obras no lugar de O Couto de Arriba, na parroquia de Barrantes.
Esta actuación, que se executa de forma paralela aos traballos da Deputación
de Pontevedra na estrada EP-9302, céntrase na canalización soterrada das traídas de
auga veciñais e das liñas de telecomunicacións, co obxectivo de optimizar a prestación
destes servizos e mellorar a seguridade da contorna.
As obras están financiadas integramente con fondos propios do Concello de
Ribadumia e abranguen un tramo da estrada provincial e da rúa Villaverde, garantindo
así unha mellor coordinación das infraestruturas e un aproveitamento máis eficiente
dos recursos públicos.
Con esta actuación, o Concello reforza o seu compromiso coa modernización
dos espazos, avanzando cara a un modelo de municipio que responda ás necesidades
de toda a veciñanza.
Alerta