10 agosto, 2021
O Concello de Ribadumia mellora os datos turísticos na “nova normalidade” debido principalmente ao aumento dos visitantes internacionais e do visitante ligado á variante espiritual
O Concello de Ribadumia informa de que as visitas á Oficina de Turismo municipal durante o mes de xullo ofrecen uns números destacados para a situación que estamos a vivir coa crise sanitaria do COVID19 cun total de 886 visitantes antendidos, un 17% máis que o ano pasado. Esta cifra é valorada positivamente e mostra unha tendencia cara á recuperación tendo en conta que o ano pasado no mesmo período houbera unha baixada no turismo dun 19% con respecto ao ano anterior.
Do total de visitantes contabilizado, a procedencia foi maioritariamente nacional, en concreto un 86% incluídos os visitantes galegos, cifra que vén confirmar as últimas previsións de optar polo turismo de cercanía e nacional.
Así mesmo, en comparación co ano pasado e dentro do total de visitantes atendidos, detéctase un aumento do 12% de visitantes internacionais procedentes maioritariamente de Portugal, Alemania ou Italia.
Tamén se constata en relación cos visitantes nacionais, que Madrid volve ser a comunidade que esta á cabeza nas visitas a este municipio con preto de 200 visitantes atendidos, moi seguido de Galicia, Andalucía e Castilla e León.
En canto ao perfil do visitante, aumenta lixeiramente o número de pernoctas cun total de 790 turistas que representan un 89% do total de visitantes. Esta cifra débese en gran parte á maior afluencia do visitante ligado á variante espiritual, que alcanzou unha cifra dun 24% cando no 2020 só representou un 3% do total.
Entre a información máis demandada polos visitantes atopamos os recursos naturais seguidos dos enogastronómicos e culturais.
WhatsApp us