O Concello de Salvaterra avanza no seu compromiso co plan de acción polo clima e a enerxía sostible do municipio

Compartir
REnovables. Fonte: Concello

O Concello de Salvaterra de Miño ven de aprobar diversas iniciativas que avanzan co compromiso que adquiriu este grupo de goberno, coa aprobación do Plan de Acción polo Clima e a Enerxía Sostible de Salvaterra de Miño.

 

Desta maneira ven de aprobar inicialmente varias modificacións no seus impostos que incentivan o uso de enerxías limpas. As modificacións mais salientables son un desconto do 30 por cento da cota íntegra do Imposto sobre Bens Inmobles nos que se instalen sistemas para o aproveitamento térmico ou eléctrico da enerxía proveniente do sol, durante os tres períodos impositivos seguintes ao da instalación dos mesmos.

Unha bonificación no Imposto sobre a Circulación de Vehículos de Tracción Mecánica dun 50% cunha duración indefinida a partir do ano seguinte ao da primeira matriculación para os vehículos máis eficientes “cero emisións” e do 50% durante os 5 anos naturais posteriores ao de primeira matriculación para os vehículos distintivo ambiental etiqueta eco.

E por último unha bonificación do 30% da cota correspondente para os suxeitos pasivos que tributen por cota municipal e que utilicen ou produzan enerxía a partir de instalacións para o aproveitamento de enerxías renovables ou sistemas de coxeración no Imposto de Actividades Económicas, durante tres anos.

E por último, pero tamén na liña de fomentar o uso do transporte colectivo, este concello ven de aprobar o convenio de colaboración para o desenvolvemento conxunto do Transporte Metropolitano de Galicia na Área de Transporte Metropolitano de Vigo.