O curso levarase a cabo os sábados do mes de abril no Pavillón Municipal Cándido Carrera
O Concello de Salvaterra de Miño organiza para o mes de abril un curso de defensa personal para mulleres . A finalidade é a apredizaxe de
técnicas de proteción e defensa ademais de autocontrol, empoderamento, confianza en si mesma e como sair de situacións de perigo.
Esta acción súmase as organizadas pola Concellería de Igualdade e está enmarcada na subvención do Pacto de Estado contra a violencia de Xénero do Ministerio de Igualdade.
O curso que se levará a cabo todos os sábados do mes de abril (6, 13, 20 e 27) en horario de 10:00 a 12:00 horas no Pavillón Municipal
Cándido Carrera é gratuíto. Para apuntarse aquelas mulleres interesadas poderán facelo no correo alfonso.longueira@yahoo.es ou ben no teléfono 699 102 727