O Concello de Salvaterra de Miño organiza unha tarde de Samaín para os máis cativos no parque público A Canuda

Compartir
Cartel. Fonte: Concello

Ainda que estamos saíndo dunha Pandemia Mundial e non poidamos facer o habitual roteiro, sí que queremos ir adaptando as nosas actividades cara un contexto menos restrictivo ata acadar unha recuperación definitiva.

Neste Samaín O Concello presenta novidades e opta por facer a actividade en familia no parque público A Canuda, un lugar apropiado para facer actividades ao aire libre e cunha maxia que o fai axeitado para esta noite.

O próximo día 29 de outubro convidámosvos ao parque do terror!!.

O parque da Canuda converterase nun parque terrorífico, onde os participantes terán que atopar aos personaxes para conseguir os ingredientes da poción secreta e poder sobrevivir á noite de samaín.

Moito ollo porque na procura poderemos levar algún que outro susto!!.  Ven disfrazado para non ser recoñecido de xeito doado polos nosos personaxes …

A idade recomendada para esta actividade é a partir dos 5 anos. Haberá varios pases: 17:30 h., 18:30 h. e 19:30 h.

Non é preciso inscrición previa, e agruparase aos participantes en grupos de 10 persoas. A saída estará na entrada principal do parque.