O concello de Valga e Medio Rural melloran a pista municipal de Sixto e O Carballiño

Compartir

O concello e Medio Rural investiron 48.400 euros na
pavimentación do camiño Sixto-Carballiño

O Concello e a Consellería do Medio Rural veñen de investir 48.397’25 euros na mellora dunha pista municipal que discorre entre os lugares de Sixto e O Carballiño, na parroquia de Xanza. A actuación incluíuse dentro das obras subvencionadas polo Plan Marco, que ten entre os seus obxectivos o acondicionamento de camiños de titularidade municipal para favorecer a mobilidade nas zonas rurais.

A vía acondicionada discorre entre a estrada provincial EP-8503 (Cordeiro-Senín), á altura de Sixto, e outra estrada municipal no Carballiño, comunicado ámbalas dúas e dando servizo, en todo o seu percorrido, a parcelas agrícolas que agora contarán cun mellor acceso.

As obras executáronse nunha lonxitude de 550 metros e incluíron a limpeza de cunetas, mellora da recollida de augas pluviais, colocación de tubos nos sumidoiros e a reparación do firme e aglomerado do mesmo.