O Concello de Valga selecciona a un catador para o concurso da caña do país

Compartir

O Concello de Valga, con motivo da XXXI Festa da Anguía e Mostra da Caña do País, abre un proceso para seleccionar a un catador para o Concurso da Caña do País, que se celebrará os días 26 e 27 de agosto.

O obxectivo é ampliar o número de especialistas en produción, destilado e cata da augardente que participan na elección dos mellores licores.
As persoas interesadas en incorporarse aos actuais catadores deben poñerse en contacto coDep artamento de Cultur a do Concello. Teñen de prazo ata o día 20 de agosto. Valoraranse a experiencia ou os coñecementos sobre a elaboración tradicional da augardente.

Presentación de licores
En paralelo está tamén aberto o prazo para participar no Concurso da Caña do País, ao que poden concorrer destiladores artesanais dados de alta no r existro da Axencia Tributaria e que estean empadroados en Valga.

O certame consta das tres modalidades habituais: caña branca, tostada e de herbas. Os interesados en participar deben acudir ás oficinas municipais a solicitar as botellas para presentar os licores

O prazo permanecerá aberto ata as 14 horas do día 25 de agosto. O produtor da mellor caña branca será g ratificado con 300 euros, mentre s que os primeiros premios dos licores de herbas e tostado ascenderán a 200 euros. Os segundos clasificados recibirán un trofeo e un diploma conmemorativo.