O Concello de Vigo informa que se está a producir unha estafa nas redes sociais nas que se están ofertando tarxetas PassVigo para viaxar gratis no transporte urbano.
O goberno local quere advertir á cidadanía desta situación para que evite acceder ás ligazóns e mensaxes deste tipo.
É importante tamén que non faciliten nunca datos persoais nin bancarios.