12 de septiembre de 2024
29 agosto, 2024
“Non llo imos a repercutir a cidadanía”, afirmou de xeito taxativo Abel Caballero, para continuar sinalando que se trata “dunha subida escalofriante” por parte “de Sogama, co beneplácito da Xunta de Galicia”. A subida elévase ata os 3,2 millóns de euros, o que para o rexedor trátase dunha nova mostra de “que o presidente Alfonso Rueda esta esquilmando a esta cidade”.
Finalmente, Abel Caballero desvelou que “o Concello de Vigo pagará o 80% da subida que Sogama impón á cidadanía viguesa”, facéndose cargo os fondos municipais da maior parte do aumento da taxa.
Alerta