O Concello do Grove recibe na Oficina de Turismo da praza do Corgo a máis visitantes ca no mes de agosto de 2019

Compartir

A Oficina de Turismo do Grove recibiu nas súas instalacións a un total de 6.247 visitantes no mes de agosto, repartidos en 2.126 consultas presenciais. Distas cifras superan en máis de 1.000 visitantes as acadadas en agosto do ano pasado a pesar de ter fechado a oficina de turismo durante 6 días e medio por motivos sanitarios. Polo que de non ter sucedido isto, e vista a tendencia deses días, teríanse mesmo superado as cifras obtidas en 2018, cando non existía ningunha restrición relacionada coa atención presencial como na actualidade na que se limita a unha soa consulta de cada vez dentro da oficina.

En relación coa procedencia, a Comunidade de Madrid é o principal mercado emisor, seguida do País Vasco, Cataluña, Castela e León e Andalucía. Tomando como referencia a provincia, Madrid resulta ser, loxicamente, a que conta cun maior número de visitantes, seguida das provincias de Barcelona, Biscaia, Guipúzcoa, Zaragoza e Alacante.