2 diciembre, 2021
A Asociación de Autónomos e Pequenas Empresas de Galicia, (APE Galicia), e o Concello de Marín volven aliarse para ofrecer aos emprendedores e autónomos da vila formación para adaptarse aos novos tempos.
Desta vez, ofrécese un obradoiro de informática básica. A formación é gratuito, dirixido a persoas traballadoras autónomas ou persoal de pemes marinenses con pouca ou ningunha experiencia en informática, que desexen adquirir coñecementos básicos para a aplicación nos seus negocios.
Entre os contidos do curso, estará Windows, ofimática básica, (Word, Excel, PowerPoint, editor de PDF, editor de imaxes…), Internet básico, (navegadores, xestores de correo, banca electrónica…), Internet avanzado, Comercio electrónico, internet no móbil e redes sociais.
Neste momento, o curso está en fase de inscrición, habendo só 12 prazas dispoñibles. Para máis información, é preciso contactar con Ape Galicia nos teléfonos 986891657 ou no correo info@apegalicia.es.
Alerta