27 de marzo de 2024
22 julio, 2021
O Concello inicia a remodelación da rúa Troncoso e xa planifica a humanización do barrio. Abel Caballero anunciou durante unha visita á rúa, que as obras non finalizarán en Troncoso, senón que esta será a primeira das rúas que se humanizarán: “Adianto que todo o entorno vai ser humanizado”.
Acompañado polos responsables da obra e por Javier Pardo, tenente de alcalde e edil de Fomento, o alcalde de Vigo presidiu a colocación da primeira pedra da humanización de Troncoso, unha “rúa moi deteriorada” que será mellorada con novas canalizacións de saneamento, abastecemento de auga e pluviais, sistemas de rego, beirarrúas máis amplas de granito, xardinería, arborado e nova iluminación.
Alerta