22 septiembre, 2021
A estrutura ten unha superficie duns 300 metros cadrados.
Só será necesaria durante o inicio do curso, ata que a Xunta constrúa unha cuberta nas pistas deportivas.
O IES de Valga contará de novo cunha zona cuberta, cumprindo co protocolo de seguridade aprobado para a prevención da Covid-19 nos centros educativos.
O Concello procedeu esta semana á instalación, por segundo curso consecutivo, nun dos patios exteriores do instituto para que todos os estudantes poidan estar ao aire libre durante o tempo de recreo en xornadas chuviosas. Os custos desta carpa serán asumidos integramente pola administración Municipal, no marco da súa política de colaboración cos centros escolares Valgueses.
O Director do centro, Eliseu Mera Quintas, trasladou o seu agradecemento ao Alcalde, José María Bello Maneiro, e á Concelleira de Educación, Carmen Gómez Pardal, pola “xenerosidade e a rapidez para a contratación e a montaxe desta estrutura”.
Está previsto que a carpa só sexa necesaria durante os primeiros meses do curso, xa que a Consellería de Educación ten en marcha os trámites para construír unha cuberta de 1.000 metros cadrados nas pistas deportivas do IES de Valga. As obras xa están licitadas e serán adxudicadas nas vindeiras semanas. A Xunta investirá neste proxecto preto de 220.000 euros.
Alerta