O Concello investiu 2 millóns en reformas de centros públicos durante o curso pasado

Compartir
Imaxe de arquivo dunha visita ao CEIP Escultor Acuña. Fonte: Concello

O goberno local adica anualmente 7 millóns de euros á conservación e mantemento dos centros de ensino público da cidade.

Durante o curso pasado, o importe das obras de conservación e mellora foi de 2 millóns para acometer traballos, que nun 70% dos casos son competencia da Xunta de Galicia.

 

 

O Concello inviste anualmente nos colexios públicos de infantil e primaria 7 millóns de euros, en subministros, limpeza, obras e vixilancia, segundo avanzou o alcalde.

Respecto da renovación e mantemento dos centros, o goberno local adicou o curso pasado dous millóns de euros en obras que nun 70% son competencia autonómica e que, “o Concello asume porque a goberno autonómico abandona o ensino na cidade”.

En total, foron 80 actuacións en 45 colexios, entre os que se inclúe a cobertura dos patios dos colexios Pintor Laxeiro e de Balaídos.