O Concello oferta 412 prazas para os campamentos infantís de Nadal

Compartir
Abel Caballero en rolda de prensa. Fonte: Concello

O período de inscrición está aberto desde hoxe, e ata a cobertura das prazas, na web www.xuventudevigo.org para as nenas e nenos, nacidos entre 2009 e 2017 empradoados en Vigo.

 

O alcalde deu conta este martes da posta en marcha dos campamentos municipais de inverno “Onde vive o Nadal 2021” co obxectivo de “ofrecer un tempo de lecer educativo na cidade e tempo para facilitar a conciliación da vida familiar, persoal e laboral das familias”.

As inscricións poden realizarse desde hoxe na web www.xuventudevigo.org e ata que se cubran as 412 prazas dispoñibles para nenas e nenos nacidos entre 2009 e 2017 e empadroados en Vigo. Tal e como explicou Abel Caballero, os campamentos son gratuítos para as familias e cumprirán “escrupulosamente” a normativa Covid, quedando distribuída a cativada participante en grupos burbulla dun máximo de 10 cun monitor.

“Onde vive o Nadal 2021” desenvólvese os días 22, 23, 27, 28 e 29 de decembro de 2021 e os días 3, 4 e 5 de xaneiro de 2022, entre 7:45 e 15:15 horas da tarde en varios espazos en diferentes zonas da cidade: Pavillón das Travesas, Pavillón de Coia, Pavillón de Romil, espazo de Lecer Infantil da Casa da Xuventude , Espazo de Lecer Infantil do Pavillón de Coia, espazo de Lecer Infantil na Asociación de Veciños de Lavadores, espazo de Lecer Infantil da Asociación de Veciños de Coruxo e a Ludoteca de Integración de APAMP.

Ademáis de ofrecer alternativas de ocio educativo e favorecer a conciliación, nos campamentos municipais “fomentamos o respecto polo medio ambiente, educamos no consumo responsable, a tolerancia, igualdade, responsabilidade e convivencia”, sinalou o rexedor.