O Concello ofrerá ceas de Nadal ás persoas maiores que viven soas

Compartir
Abel Caballero. Fonte: Concello

Abel Caballero dixo en rolda de prensa que están a contactar coas persoas de máis de 80 anos que viven soas na cidade e utilizan os servizos de Teleasistencia, Axuda no Fogar e Xantar na Casa.

 

As persoas maiores de 80 anos que vivan soas e o soliciten recibirán unha cea de Nadal, unha iniciativa do Concello que, segundo dixo o alcalde, “é para celebrar o Nadal coa dignidade que merecen”.

Abel Caballero explicou que o Concello está a contactar coas máis de 540 persoas que viven soas en Vigo e utilizan o servizo de teleasistencia, ademais de estar na labor “de identificar a todas ás persoas que viven soas para darlles apoio”. “Todas aquelas persoas que están nos programas de Teleasistencia, o SAF e Xantar na Casa, teñen máis de 80 anos e viven soas terán unha cea de Nadal. Non hai límite”, afirmou o rexedor.

Tamén Caballero explicou que ao longo deste ano o Concello felicitou polo seu aniversario a máis de 132 persoas que utilizan estes servizos sociais e teñen máis de 85 anos. Estas persoas recibiron ese un menú especial no seu domicilio. “Eles elixen dentro dun menú amplo e atendémoslles coa dignidade que merecen”, setenciou.

 

Xunta de Goberno

A Xunta de Goberno aprobará mañá o novo convenio para o programa Xantar na Casa para os próximos 4 anos. O importe é de 513.920 euros e o servizo é prorrogable outros catro anos máis. Con este servizo o Concello atende ao redor de 200 persoas, que segundo explicou o rexedor son mulleres e viven soas. Deste xeito, Caballero puxo de manifesto que “se garante unha alimentación equilibrada e de calidade aos usuarios”.