O Concello presenta 11 proxectos ao MINCOTUR para o desenvolvemento do turismo sostible

Compartir
Abel Caballero. Fonte: Concello

Abel Caballero di ver en Vigo “unhas inmensas posibilidades para ser unha gran cidade turística”, e apuntou á musealización da Fortaleza de O Castro, como “o proxecto máis importante para recuperar os túneles e teatralizar as batallas do século XVII na Ría de Vigo”.

 

O Goberno Local presentou 11 proxectos ao Ministerio de Industria, Comercio y Turismo para captar financiamento dos Fondos Europeos de Recuperación dentro do programa de Estratexia de Sustentabilidade en Destinos Turísticos.

O alcalde presentou en rolda de prensa os eixos sobre os que pilota o plan, baseado na transición ecolóxica verde e sostible, a mellora da eficiencia enerxética, a transición dixital e a competitividade e polo que solicítanse 9.766.000 euros.

No primeiro eixo o Concello concorre coa recuperación do sistema dunar na praia de Samil cun orzamento de 2.200.000 euros, e o carril bici na marxe dereita da Avenida de Europa, cun importe de 2.000.000 euros.

Outro dos proxectos será a creación dun Centro de Recepción de Visitantes na reforma de edificacións na Praza da Igrexa, e solicitarase nova iluminación eficiente en edificios. Cara á transición dixital, o alcalde explicou que mellorarase a web, App e os contidos dixitais, porase a dispor da cidadanía e o sector un observatorio turístico, e haberá nova señalización dixital e mupis dixitais. Para Caballero estas novas ferramentas “serviarán para contar Vigo y señalizar Vigo”.

No eixo da competitividade búscase potenciar a marca de turismo da cidade, o MICE (Meetings, Incentives, Conferences and Exhibitions), crear un ente xestor do destino turístico e a que o rexedor cualificou como o proxecto máis importante, a musealización da Fortaleza de O Castro, para a que o Concello solicita 1.100.000 euros. O alcalde manifestou “que quere que veña todo o mundo a velo”, porque “haberá unha recuperación dos túneles o teatralización das batallas do século XVII na Ría de Vigo”, manifestou.

Caballero sinalou a Vigo como unha cidade turística “moi importante neste momento” grazas ás Illas Cíes Patrimonio de la Humanidade, que promove o Concello, e o Nadal: “No ano 2019 pasaron baixo a árbore de Nadal 4 millóns de persoas ao día e enchemos os hoteis de Ourense e Santiago que están a 100km”, apuntou.