Así confirmouno o Alcalde nunha rolda de prensa na que presentou as intervencións que levaranse a cabo no céntrico barrio. Deste xeito, actuarase sobre 39 farois, 7 na Praza Portugal, 7 na rúa Churruca, 20 en Cervantes e 5 en Uruguay. Tamén nas 4 xardineiras da rúa Martín Códax, en 7 papeleiras entre as rúas Churruc, e Irmandiños, nas estruturas cilíndricas da Praza de Portugal, e no solo do cruce entre as rúas Irmandiños e Martín Códax.
Abel Caballero sinalou que Churruca “será unha confluencia de diferentes culturas, que conta cunha hostalería de moitísima calidade que combina moi ben coa dimensión artística. O carácter de Churruca é a hostalería e a música.”
O Rexedor puxo de manifesto a actitude da Asociación de Hostalería de Churruca, a cal cualificou de “cooperadora activa na rexeneración da zona onda fan os seus negocios e moven a cultura.”