O Concello regulará o tráfico no Barrio das Flores

Compartir
Abel Caballero. Fonte: Concello

Abel Caballero explicou en rolda de prensa que a rúa dos Foxos, tamén en Teis, terá un só carril e dirección única na primeira parte da estrada.

 

O alcalde anunciou en rolda de prensa que regularase o tránsito de vehículos no Barrio das Flores, en Teis. Deste xeito, haberá novas direccións na circulación do tráfico rodado e espazos delimitados para o estacionamento.

O Concello traballará na sinalización e pintado das estradas para indicar o sentido da dirección. As novas directrices non difiren, na súa maioría, no sentido da circulación actual.

Por outra banda, tamén en Teis, Caballero anunciou que a rúa dos Foxos terá un só carril e dirección única cando rematen as obras de humanización. As novas beirarrúas son máis anchas, con máis espazo para os peóns, polo que desde o número 2 ata o 44 poderá circular un só vehículo cara a Sanjurjo Badía. A partir do número 44, Foxos será de dobre sentido.