O Concello remodelou a pista deportiva e os accesos do Ceip Escultor Acuña

Compartir
Abel Caballero no Ceip Escultor Acuña. Fonte: Concello

O alcalde supervisou esta mañá as obras de remodelación que realizou o Concello no Ceip Escultor Acuña por un importe de case 40.000 euros.

Acompañado polo director do centro e o presidente da Anpa, comprobou o estado da reforma da pista deportiva e dos accesos ao interior do recinto educativo.