4 octubre, 2021
O Goberno Municipal vén de recibir a autorización para o proxecto de construción do novo centro educativo, para o que solicitará á Xunta de Galicia, que achegue os fondos do programa Next Generation que recibiu do Goberno de España.
O Alcalde amosouse “encantado” coa nova escola infantil ao explicar en rolda de prensa este luns, que o Concello poderá iniciar xa o proceso de licitación da obra de construción do centro da Praza da Industria, logo de recibir a autorización ao proxecto por parte do Goberno Autonómico. A escola contará con entre 41 e 73 prazas, en función das quendas de mañá e tarde, co que poderá dar servizo a entre 60 e 65 familias.
Caballero amosou a súa vontade de que a nova escola sexa “pagada por Europa”, dado que o Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno recolle no punto 21, que se poden dedicar recursos de Europa á creación de prazas en escolas infantís co fin de reducir desigualdades, “pero o Goberno de España xa transferiu os fondos de escolas infantís á Xunta polo que lle solicitaremos que aplique os recursos dos Next Generation EU, para construír a escola na praza da Industria”. Engadiu o Rexedor o Goberno Municipal remitirá tamén a información ao Goberno de España, para que saiba que “Vigo quere que se asignen recursos a esta escola”, cos fondos que a Xunta recibiu do Goberno de España chegados de Europa.
Alerta