15 septiembre, 2023
GALICIA APOSTA POR APROVEITAR O POTENCIAL DO MEDIO MARIÑO COMO MOTOR DE CRECEMENTO E DESENVOLVEMENTO SUSTENTABLE DAS ZONAS COSTEIRAS
— O titular de Mar pon en valor o Proxecto Platicas, no que participan o Centro Tecnolóxico do Mar e a Autoridade Portuaria de Vigo, para avaliar as posibilidades de impulsar as actividades vencelladas co mar
— Alfonso Villares salienta que esta estratexia coincide co traballo de colaboración e consulta que está a realizar a Xunta para deseñar a Axenda da Economía Azul Sostible, na que se incluirán as vantaxes e oportunidades que ofrecen os sectores económicos vencellados co eido marítimo-pesqueiro
— O conselleiro destaca tamén a Rede entre o sector pesqueiro e organismos científicos da comunidade como outra das ferramentas pioneiras da autonomía que permitirá afrontar os problemas e necesidades reais do sector a través da investigación