O consevatorio convoca as probas extraordinarias instrumentais no Grao Elemental

Compartir
Escola de Música de Vilagarcía. Fonte: Cocello

Ofértase unha praza en cada unha das especialidades de Frauta, Percusión, Saxofón, Trombón, Trompa, Trompeta, Violín e Violonchelo

A inscrición e matrícula para realizar as probas poderá facerse os días 3, 6 e 7 de setembro. As probas realizaranse o día 8

 

O Conservatorio Profesional de Música de Vilagarcía vén de realizar unha convocatoria extraordinaria, para cubrir 8 prazas en outras tantas especialidades do primeiro curso do Grao Elemental. As vacantes nos instrumentos de Frauta, Percusión, Saxofón, Trombón, Trompa, Trompeta, Violín e Violonchelo cubriranse a través da realización das correspondentes probas de acceso que deberán superar os aspirantes. A inscrición para participar poderá facerse nas oficinas do Conservatorio, sitas no Auditorio Municipal, os días 3, 6 e 7 de setembro, en horario de 10 a 13 horas. As probas realizaranse o 8 de setembro.

Tras terse pechado a convocatoria ordinaria de prazas para o curso 2021/22, e tras coñecerse os resultados dos exames de setembro, o Conservatorio dispón aínda de 8 prazas vacantes para acceder ao ensino musical en diferentes especialidades instrumentais, correspondentes ao primeiro curso do Grao Elemental.

As persoas interesadas en acudir ás probas de acceso poden informarse sobre a convocatoria, e sobre os requisitos e procedemento de cobertura das prazas, a través da nota informativa pendurada no taboleiro de anuncios da web municipal www.vilagarcia.gal e na páxina web do centro: http://www.edu.xunta.gal/centros/cmusprofesionalvilagarcia/.

Tamén poden solicitar máis información a través do teléfono 986500916 e do enderezo de correo secretaria@cmusvilagarcia.gal

Esta convocatoria extraordinaria realízase conforme á resolución de data 31/08/2021 da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, pola que autoriza ao Conservatorio Profesional de Música de Vilagarcía de Arousa, á realización de probas de acceso extraordinarias ao 1º curso do Grao Elemental de Música.